martes, 7 de febrero de 2012

NETVIBES

NETVIBES é un servizo que permite crear unha páxina de inicio persoalizada, xa sexa mediante gadgets, fotos, vídeos... e incluso a páxina principal do correo. Tamén permite mostar o contido doutras páxinas, mediante fontes RSS, como por exemplo, diarios e blogs. Outra opción relacionada coa información, permite mostrar as URL das páxinas de principal interese, á vez que podemos cambiar o formato e a maneira de ver a nosa información atendendo ao gusto persoal e sendo o máis amable posible.

Doutra maneira, trátase dunha aplicación interesante para estudantes coma nós, que precisamos do uso da web en numerosas ocasións, agrupando desta forma a información máis importante relacionada coas investigacións requeridas polos nosos estudos. Por outro lado, ao tratarse de adolescentes que estamos ligados continuamente á rede, a agrupación doutro tipo de información, separada da académica, faise tamén necesaria.

Polo tanto, unha vez máis, a WEB 2.0 intenta facilitar a nosa vida diaria e o feito de manterse informado constantemente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario