Canso de ter que ser ti o que accede á túa información preferida? Non tes tempo para visitar todas as páxinas que che interesan? Acabas por visitar os tres ou catro enlaces principais? Pois entón, atende, porque temos a SOLUCIÓN:
Google reader é un lector de RSS que permite recibir a información actualizada, seleccionada polo usuario e de maneira automática. Polo tanto, non debemos preocuparnos por visitar todas as páxinas que cremos actualizadas, pois a información virá a nós automaticamente.
Funciona mediante unha serie de suscripcións ás que o usuario se debe dar de alta, recibindo a información á cal estamos suscritos de maneira semellante a unha bandexa de entrada coas novas das webs que nos interesan.

No hay comentarios:
Publicar un comentario