jueves, 17 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño”
O porvir da lingua (Valentín Paz Andrade)


Valentín Paz Andrade - Día das Letras Galegas 2012


Velaquí un sentimento, velaquí un pobo enteiro, velaquí a miña lingua, velaquí a túa fala. Despaciño, que non se asusten! Ide paseniño, que o vaian sentindo pouquiño a pouco, que non lles entre polos ollos, senón pola alma. Dilles tamén que a coiden, coma súa propia que é, que o fagan con agarimo, sen présa, ata que a sintan.
Que canten, que berren, que asubíen! QUE A FALEN! Que queden roucos, que a fachenda lles devolva a fala...
Enchédevos de orgullo, da nosa LINGUA GALEGA!

INTERNET ESTÁ A MUDAR A FORMA EN QUE FUNCIONA O CEREBRO HUMANO

Como está Internet a mudar a maneira en que funciona o cerebro humano? A miúdo somos sorprendidos polos nosos pais ou profesores mentres estamos a parolar cos nosos amigos, xa sexa mediante sms ou visualizando as novas que presenta o perfil de certa persoa no Facebook. Tamén, na maioría dos casos intentamos dispersar esa información cambiando de páxina ou simplemente cun: "Estaba facendo un descanso" xa que achacamos estas accións a unha perda de tempo, mentres poderiamos estar facendo outro tipo de actividades máis produtivas coma ler un libro, ou incluso saír a dar unha volta. Pero, ESTABAMOS EQUIVOCADOS! 


Segundo estudos realizados por especialistas, o uso de Internet, principalmente de redes sociais está a mudar a adaptación da nosa memoria ao entorno. Anos atrás, cando non dispoñiamos de axenda telefónica no móbil, era frecuente memorizar e recordar de manera instantánea certos números telefónicos, cousa que hoxe é case imposible. Feitos coma estes son os que levan aos escépticos a pensar que o uso da rede está a atrofiar as nosas capacidades cognitivas. O certo é que aínda queda moito por investigar sobre a adaptación do noso cerebro ao novo medio, pero, do que non cabe dúbida é de que estes feitos levan a unha maior capacidade intelectual relacionada coa linguaxe e a aprendizaxe, segundo estudos realizados a estudantes e adultos, dos cales, uns utilizaban redes sociais, sendo para estes os mellores resultados.


Desta maneira, o uso da rede mellora as nosas capacidades cognitivas, pois nos permite interrelacionar situacións ou poñer ao cerebro en contacto con milleiros de persoas que comparten opinión acerca de determinada información, coma é o caso de Twitter.


Polo tanto, pode que antes tivéramos unha maior capacidade para acumular a información, pero actualmente, iso non debería ser o que prima, senón a facilidade de relacionar e comparar este tipo de información adquirida, de maneira que o cerebro non deixa de traballar, senón que o fai doutra maneira en proceso de adaptación ao novo medio. 

sábado, 5 de mayo de 2012

FIXÉRONNOS CRER...

"Fíxéronnos crer que o "gran amor" só sucede unha vez,
 xeralmente antes dos 30 anos. 
Non nos contaron que o amor 
non é accionado, nin chega nun momento determinado. 
Fixéronnos crer que cada un de nós 
é a metade dunha laranxa, e que a vida só ten sentido 
cando atopas a outra metade. 
Non nos contaron que xa nacemos enteiros, 
que ninguén na nosa vida merece 
cargar nas espaldas 
a responsabilidade de completar o que nos falta. 
As persoas crecen a través da xente. 
Se estamos en boa compañía, é máis agradable. 
Fixéronnos crer nunha fórmula chamada "dous en un": 
dúas persoas pensando igual, 
actuando igual...
que era iso o que funcionaba. 
Non nos contaron que iso ten un nome: anulación. 
Que só sendo individuos con personalidade propia 
poderemos ter unha relación saudable. 
Fixéronnos crer que o casamento é obrigatorio 
e que os desexos fóra de lugar, deben ser reprimidos. 
Fixéronnos crer que os fermosos e delgados son máis queridos. 
Fixéronnos crer que só hai unha fórmula para ser feliz, 
a mesma para todos, e os que escapan dela, están condenados á marxinalidade. 
Non nos contaron que estas fórmulas frustran ás persoas, son alienantes, 
e que podemos intentar outras alternativas. 
Ah! Tampouco nos dixeron que ninguén 
nos ía dicir todo isto. Cada un terá que descubrilo por si mesmo. 
E entón, 
cando esteas moi namorado de ti mesmo, 
será cando poidas ser feliz, e cando te poidas namorar dalguén.
Vivimos nun mundo 
onde nos escondemos para facer o amor... 
Aínda que a violencia se practica a plena luz do día".


 John Lennon.