jueves, 17 de mayo de 2012

INTERNET ESTÁ A MUDAR A FORMA EN QUE FUNCIONA O CEREBRO HUMANO

Como está Internet a mudar a maneira en que funciona o cerebro humano? A miúdo somos sorprendidos polos nosos pais ou profesores mentres estamos a parolar cos nosos amigos, xa sexa mediante sms ou visualizando as novas que presenta o perfil de certa persoa no Facebook. Tamén, na maioría dos casos intentamos dispersar esa información cambiando de páxina ou simplemente cun: "Estaba facendo un descanso" xa que achacamos estas accións a unha perda de tempo, mentres poderiamos estar facendo outro tipo de actividades máis produtivas coma ler un libro, ou incluso saír a dar unha volta. Pero, ESTABAMOS EQUIVOCADOS! 


Segundo estudos realizados por especialistas, o uso de Internet, principalmente de redes sociais está a mudar a adaptación da nosa memoria ao entorno. Anos atrás, cando non dispoñiamos de axenda telefónica no móbil, era frecuente memorizar e recordar de manera instantánea certos números telefónicos, cousa que hoxe é case imposible. Feitos coma estes son os que levan aos escépticos a pensar que o uso da rede está a atrofiar as nosas capacidades cognitivas. O certo é que aínda queda moito por investigar sobre a adaptación do noso cerebro ao novo medio, pero, do que non cabe dúbida é de que estes feitos levan a unha maior capacidade intelectual relacionada coa linguaxe e a aprendizaxe, segundo estudos realizados a estudantes e adultos, dos cales, uns utilizaban redes sociais, sendo para estes os mellores resultados.


Desta maneira, o uso da rede mellora as nosas capacidades cognitivas, pois nos permite interrelacionar situacións ou poñer ao cerebro en contacto con milleiros de persoas que comparten opinión acerca de determinada información, coma é o caso de Twitter.


Polo tanto, pode que antes tivéramos unha maior capacidade para acumular a información, pero actualmente, iso non debería ser o que prima, senón a facilidade de relacionar e comparar este tipo de información adquirida, de maneira que o cerebro non deixa de traballar, senón que o fai doutra maneira en proceso de adaptación ao novo medio. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario