miércoles, 19 de octubre de 2011

APRENDENDO SOBRE BLOGs



Aprender a utilizar un blog é unha tarefa non sempre fácil e que require imaxinación e tempo, ademais de pequenos coñecementos. A finalidade da práctica de hoxe sería resolver aquelas dúbidas que se lle poidan presentar ó usuario, así como ofrecer a suficiente información como para que o creador do blog poida ir mellorando o seu traballo pouco a pouco, experimentado unha grande evolución ó longo do tempo, aínda que sexa comezando de ceiro. O importante é non agobiarse aínda que as cousas non saian á primeira, senón buscar solucións adecuadas para ir enriquecendo o noso espazo persoal. Desta maneira, apoiarémonos de pequenas axudas como as que nos proporciona a seguinte práctica. 
No seguinte enlace, http://www.bdebloggers.com/, poderemos atopar calquera novidade con respecto a blogger, de maneira que nos manterá informados en todo momento sobre novas ferramentas e cambios no manexo e na utilidade do mesmo. Considero que é unha páxina interesante, pois fomenta o uso do blog proporcionándolle ós usuarios multitude de facilidades e información, facendo que este mundo sexa cada día máis amplo grazas ó achegamento das novas tecnoloxías. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario