Neste caso, faremos referencia á utilización dos blogs na educación, o que considero de grande importancia, posto que a maioría da xente descoñece a utilidade e o fin desta práctica. Actualmente, atopámonos nunha nova era tecnolóxica que vai avanzando a pasos axigantados, quedando a educación relegada de maneira considerada na maioría dos aspectos. Faise por isto necesaria a invención de novos métodos educativos relacionados directamente coa etapa tecnolóxica na que nos atopamos, dando lugar a un ritmo equilibrado no que se atopa o sentido lóxico das TIC'S e a utilización do blog como método de expresión. Todo isto, recóllese no vídeo que lles vou amosar a continuación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario