Vento, chuvia. Novembro. E o peor de todo: domingo. Domingo tras un marabilloso día de celebración pola chegada do outono, ou, máis ben, intento de levar os cinco fríos, longos e tristes meses que nos quedan con máis motivación. E de momento, a miña será non ter máis dun libro pousado por riba do escritorio algún bo día de xullo no que escacharei coa risa cando lea isto. E mentres tanto, que mellor canción que esta para un día noxento e aburrido coma o de hoxe?
No hay comentarios:
Publicar un comentario