martes, 25 de octubre de 2011

COMEZA UNHA NOVA ETAPA NO MEU BLOG

Sempre me considerei unha persoa reivindicativa e con importantes dificultades para calar o que penso, e dadas as ganas que teño de contar o que me pasa pola cabeza (que non sempre será algo enxeñoso nin con demasiado sentido) optei por darlle forma e este o meu blog. E que maneira máis persoal que esta! Supoño que isto só pasará aqueles días que me aborde a inspiración, e non os infinitos exercicios de matemáticas e química, a miña querida química... e os apetitosos apuntamentos de bioloxía a esperar por riba do escritorio. Con isto, pretendo sentirme fachendosa do meu traballo cando esta etapa remate, e que finalmente poida dicir: ...o que comezou sendo un simple blog de aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario