viernes, 21 de octubre de 2011

APRENDENDO SOBRE BLOGs (V)

En canto a noticias sobre blogs, gustaríame destacar o seguinte enlace, pois dános a coñecer unha realidade actual que nos perxudica a todos aqueles aficionados a este mundo. En numerosas ocasións, o avance da tecnoloxía permítenos gozar de determinados praceres, coma neste caso, a creación dun método de expresión e comunicación persoalizada de grande apertura e accesible a todo o mundo e facilitando o noso concepto da web na maioría dos casos. Pero o avance da tecnoloxía non sempre nos beneficia (de maneira directa, claro está) posto que o asentamento das redes sociais na nosa realidade comeza a deixar a utilización dos blogs nun segundo plano. Mellor redactado o atopamos na seguinte noticia, que espero que vos faga reflexionar e o máis importante, chegar a unha solución para este "problema": Noticia bloggera

No hay comentarios:

Publicar un comentario